malos rollos
Esta é unha desas épocas nas que hai mal rollo no traballo. Polo motivo que sexa, formanse dous bandos (ou máis) e cada persoa vaise posicionando cun bando e empeza a haber tensión e mal ambiente. Non me gusta nada. Neste caso é por motivos laborais, pero sempre hai quen o toma como un tema persoal e ai e cando empeza a haber o mal rollo. Que se este dixo, que se aquela pensa, que se eu non admito, que se ti non podes, que se eu non penso consentir...
Cando se traballa asi, traballase mal e todo repercute no rendimento. Supoño que como en todas as ocasións en que algo así sucede o río acaba voltando a correr polo seu cauce, pero mentres tanto fanse e dinse cousas que poden facer que o cauce non sexa exactamente o mesmo, porque encima a xente somos tremendamente rencorosos e non nos soe ser fácil perdoar ou esquencer.
Espero que pase pronto esta época, porque eu traballo moi a gusto con todo o mundo cando todo o mundo está a gusto. Mentres tanto, procuro non inmiscuirme demasiado, sobre todo tendo en conta que todo soe ser por nimiedades.
Que mal rollo!