a casa de maripazos

esta é a casa de maripazos. maripazos son eu: unha tola que gosta de rir. se queredes coñecerme, entrade á miña casa

11.4.05

loitando contra a anorexia???

Eu non uso precisamente unha talla 36. Nin 38. Nin sequera unha talla 40. E, de certo, síntome estafada, ninguneada, insultada, cando quero mercar roupa. Vexo algunha peza de roupa moi fermosa nun escaparate e dígome que me sentaría ben, que me gusta. E cando pregunto pola prenda en cuestión, resulta que non hai máis talla da 42 nos mellores dos casos. Entón eu véxome irremediabelmente obrigada a irme a unha tenda de tallas grandes a buscar algo de roupa que me guste entre o que seguramente lle encantaría á miña nai ou á miña avoa.

E despois verei ao diseñador de turno dicindo cun grande sorriso na televisión que vai loitar contra da anorexia, mentres por tras del se pasea unha maniquí que non debe de pesar máis de 50 kg.

Pero por qué COÑO teño que adelgazar? E se non me da a gana, qué? E se me gusta comer e me sinto ben como estou, qué? Porqué teño que escoller entre comer o que me gusta e vestir o que me gusta? É que unha persoa de 25 anos que pesa 85 kg tén obriga de vestir coma se tivera 60 anos? É asi como queren acabar coa anorexia? Nena, se tés menos de 35 anos, ou adelgazas para poder usar os "modelitos" que creamos para ti, ou busca por ai a ver que atopas entre as roupas da túa nai. E logo eu por pesar máis non podo vestir o mesmo estilo de roupa que as miñas amigas???

Desculpade que me cabree, pero é para cabrear!!!!!

Despois extrañanse de que as rapazas de 14 anos non queiran comer ou gomiten o que comen. E qué han facer as pobres, se non hai roupa que lles sirva!!!

6.4.05

"un poquito de por favor"

Venme ao pelo este título para escenificar o que vou comentar agora. Esta mañá sucedeume algo que me fixo reflexionar sobre o pouco valor que lle damos ás cousas que os demáis fan ben, simplemente ben feitas. Cando alguén mete a pata, cando unha persoa comete un erro, berramos, enfadámonos, cabreámonos, recriminámosllo, botámoslle a bronca e facemos todo o posible para que se entere do mal que fixo. Vale, dos erros apréndese, ainda que tampouco hai que pasarse.
Pero qué pasa cando alguén fai algo ben feito, sen pedir nada a cambio e sen dicir: "aqui estou, mira que ben o fixen"? Qué decimos os demáis cando unha persoa ao noso carón fai unha boa obra, cando se esforza por que os demáis estean cómodos ou por que todo resulte máis sinxelo? E canto máis se esa persoa fai algo que non lle pediu ninguén, que non lle estaba exixido, que non entraba dentro das súas funcións. Algo que fixo porque sí, porque lle saiu facelo, porque consideraba que así era mellor, que todo o mundo estaría contento.
Alguén se para a felicitar a esta persoa? Alguén lle di simplesmente "grazas"?
Non, creo que non. Eu, cando menos, non adoito reparar neste tipo de accións.
Pero esta mañá, cando eu me atopaba xusto na posición contraria e esperaba que alguén me dixese que mo agradecía, simplesmente me diron unha patada no cú, e deime conta de que tanto se aprende polos erros cometidos como polas boas accións recompensadas (ou non!).

Coma se fosemos cans. Aos seres humanos tamén hai que adestrarnos.

Lástima. Porque pensar, ben pensamos que somos seres superiores.
Cando caeremos da burra!!!