a casa de maripazos

esta é a casa de maripazos. maripazos son eu: unha tola que gosta de rir. se queredes coñecerme, entrade á miña casa

6.4.05

"un poquito de por favor"

Venme ao pelo este título para escenificar o que vou comentar agora. Esta mañá sucedeume algo que me fixo reflexionar sobre o pouco valor que lle damos ás cousas que os demáis fan ben, simplemente ben feitas. Cando alguén mete a pata, cando unha persoa comete un erro, berramos, enfadámonos, cabreámonos, recriminámosllo, botámoslle a bronca e facemos todo o posible para que se entere do mal que fixo. Vale, dos erros apréndese, ainda que tampouco hai que pasarse.
Pero qué pasa cando alguén fai algo ben feito, sen pedir nada a cambio e sen dicir: "aqui estou, mira que ben o fixen"? Qué decimos os demáis cando unha persoa ao noso carón fai unha boa obra, cando se esforza por que os demáis estean cómodos ou por que todo resulte máis sinxelo? E canto máis se esa persoa fai algo que non lle pediu ninguén, que non lle estaba exixido, que non entraba dentro das súas funcións. Algo que fixo porque sí, porque lle saiu facelo, porque consideraba que así era mellor, que todo o mundo estaría contento.
Alguén se para a felicitar a esta persoa? Alguén lle di simplesmente "grazas"?
Non, creo que non. Eu, cando menos, non adoito reparar neste tipo de accións.
Pero esta mañá, cando eu me atopaba xusto na posición contraria e esperaba que alguén me dixese que mo agradecía, simplesmente me diron unha patada no cú, e deime conta de que tanto se aprende polos erros cometidos como polas boas accións recompensadas (ou non!).

Coma se fosemos cans. Aos seres humanos tamén hai que adestrarnos.

Lástima. Porque pensar, ben pensamos que somos seres superiores.
Cando caeremos da burra!!!

4 Comments:

  • At 10 de Abril de 2005 14:49, Anonymous andrea said…

    Estou totalmente de acordo contigo.

    Ás veces pregúntome por qué a xente non se para máis a pensar no que se fai por elas. Non fai falla que nos agradezan as cousas con agasallos, serve un grazas, unha aperta.

    En fins, nótase que somo "humanos".

    Saúdos

     
  • At 19 de Setembro de 2006 5:48, Anonymous Anónimo said…

    Great work!
    [url=http://csqprisp.com/ggue/gcxa.html]My homepage[/url] | [url=http://lbjeadgp.com/gqyx/lxez.html]Cool site[/url]

     
  • At 19 de Setembro de 2006 5:54, Anonymous Anónimo said…

  • At 19 de Setembro de 2006 6:05, Anonymous Anónimo said…

    Great work!
    http://csqprisp.com/ggue/gcxa.html | http://bkxghvdm.com/qpno/tpdz.html

     

Enviar um comentário

<< Home