loitando contra a anorexia???
Eu non uso precisamente unha talla 36. Nin 38. Nin sequera unha talla 40. E, de certo, síntome estafada, ninguneada, insultada, cando quero mercar roupa. Vexo algunha peza de roupa moi fermosa nun escaparate e dígome que me sentaría ben, que me gusta. E cando pregunto pola prenda en cuestión, resulta que non hai máis talla da 42 nos mellores dos casos. Entón eu véxome irremediabelmente obrigada a irme a unha tenda de tallas grandes a buscar algo de roupa que me guste entre o que seguramente lle encantaría á miña nai ou á miña avoa.
E despois verei ao diseñador de turno dicindo cun grande sorriso na televisión que vai loitar contra da anorexia, mentres por tras del se pasea unha maniquí que non debe de pesar máis de 50 kg.
Pero por qué COÑO teño que adelgazar? E se non me da a gana, qué? E se me gusta comer e me sinto ben como estou, qué? Porqué teño que escoller entre comer o que me gusta e vestir o que me gusta? É que unha persoa de 25 anos que pesa 85 kg tén obriga de vestir coma se tivera 60 anos? É asi como queren acabar coa anorexia? Nena, se tés menos de 35 anos, ou adelgazas para poder usar os "modelitos" que creamos para ti, ou busca por ai a ver que atopas entre as roupas da túa nai. E logo eu por pesar máis non podo vestir o mesmo estilo de roupa que as miñas amigas???
Desculpade que me cabree, pero é para cabrear!!!!!
Despois extrañanse de que as rapazas de 14 anos non queiran comer ou gomiten o que comen. E qué han facer as pobres, se non hai roupa que lles sirva!!!

4 Comments:
At 13 de Abril de 2005 20:09,
andrea said…
Iso dimo a mín, que agora tódalas miñas amigas xa se puxeron a "dieta", e o que están a facer é deixar de comer.
E non é só a roupa, a sociedade tamén pide esas "monecas".
Fíxate, xusto hoxe na escola una experta que nos viu falar dun tema, toco esto da anorexia, e díxonos que se en realidade unha muller tivera o corpo igualiño ó dunha Barbie (que supostamente é o prototipo de corpo), tería que andar ás agochadas xa que nas pernas non tería a suficiente forza (aínda que eu penso que xa non tería forzas ni para se erguer).
saúdos.
*Por certo, teño 15 anos (en 3 meses 16) e uso unha 42. ¿Adelgazar eu? Se non te gusto non me mires...
At 15 de Abril de 2005 16:20,
maripazos said…
Alédame que penses iso, porque desgraciadamente o 90% das mozas da túa idade están a caer nas redes da publicidade, a sociedade do consumo e da imaxe, e esto toma moi mala cara.
Segue a ser como es, é o mellor xeito de estar no mundo.
Mil bicos.
At 11 de Janeiro de 2006 7:43,
Eating Disorder Information said…
Ik zag een andere anorexic plaats. Het was ziend de moeite waard.Best Wishes, Jovita anorexic
At 8 de Julho de 2007 17:23,
Anónimo said…
non vos ades conta de ke as tendas de roupa o unico ke keren e gañar cartos, venden a roupa ke usa a maioria da xente, se keres estar gorda perfecto, pero ke coño pides ke vendan roupa da tua talla en calkera lado, tamen postos deberian vender roupa nas tendas para xente ke mida 2 metros
Enviar um comentário
<< Home