o tempo non pasa, sobrepasa
Parece mentira que unha se entreteña en un par de cousiñas, estudando, traballando e desfrutando da vida, e cando se da conta xa pasou máis dun mes desque escribira por última vez neste blog. Hai un libro, que lin sendo adolescente, titulado "Les fourmis" de Bernard Weber, no que o autor tiña a teoría de que a velocidade do tempo é inversamente proporcional ao tamaño do ser que a percibe. Esto é, para unha formiga, un minuto pode parecer unha semana das nosas. Eu creo que matizaría esta teoría: a velocidade do tempo é inversamente proporcional á idade do ser que a percibe. Na nosa infancia non corre o tempo, o curso escolar faise eterno, non remata nunca, pero as vacacións tamén son percibidas como longas, canto tempo para xogar! A medida que imos crecendo o tempo aumenta considerabelmente a súa velocidade. Terá algo que ver con que sabemos que o final é máis perto?
Non sei. Eu, por se acaso, desfruto de cada segundo.
Non sei. Eu, por se acaso, desfruto de cada segundo.


4 Comments:
At 12 de Fevereiro de 2005 19:35,
pepe penas said…
E ben certo todo o que dis do tempo. Cando eres un neno semella que os días non acaban nunca...cando te fas coma os maiores que ollabas de neno...os días xa acaban ainda ben non nacen...o ver como medran os fillos decataste que vas tendo menos tempo para velos...e ao remate poida que se acabe o tempo e ti non o saibas..
Unha aperta
At 20 de Fevereiro de 2005 19:38,
maripazos said…
por ese mesmo motivo, creo necesario desfrutar ate a fin cada segundo das nosas existencias.
Mil bicos.
At 22 de Fevereiro de 2005 17:45,
kaplan said…
Cando o tempo termine será repentinamente, por muito que fósemos avisados. E un dia calquer descobrimos que a vida se foi e preguntaremos: que nos ficou entre as maos?
Por iso é necesário vivermos, conscientemente, todos os minutos e todos os segundos. Saúdos.
At 3 de Março de 2005 14:24,
maripazos said…
cando a morte pasa perto cada día, unha aprende a saborear a existencia ate límites insospeitados.
mil bicos.
Enviar um comentário
<< Home