a casa de maripazos

esta é a casa de maripazos. maripazos son eu: unha tola que gosta de rir. se queredes coñecerme, entrade á miña casa

7.12.04

xa chegou o inverno!!!

Vai un frío matador. Agora mesmo estou escribindo e non sinto os dedos, e este tempo, con néboa e frío, baixáme moito o ánimo. E non o noto só en min. Falando con compañeir@s de traballo, semella que a tod@s nos pasa igual.
Pero hai que pensar que logo sairá o sol.
Mentres escribo, vexo á miña veciña de enfrente, que encanto tén ocasión asómase á fiestra para ver o que estou facendo. É desa especie que nunca estará en perigo de extinción: as veciñas sabichosas. E a min, que son nudista, xa imaxinas o que me pode molestar que me espíen. Eu, que o amoso todo. Cando a vexo, ás veces, mándolle un bico, ou chíscolle un ollo. Entón síntese pillada in fraganti, e escapa para dentro da súa casa, non vaia ser!
Esa é unha das especies protexidas que habitan este País. Hai máis: eu coñezoche ben delas.

Mil bicos.