a casa de maripazos

esta é a casa de maripazos. maripazos son eu: unha tola que gosta de rir. se queredes coñecerme, entrade á miña casa

23.12.04

a ti, que xa sabes...

Amenceu por riba de nós.
E sen durmir, aquela noite,
espertei nos teus brazos fortes
e doces a un tempo.
Mireite.
E o teu ollar díxome
o que xa anunciaran teus beizos.
Bordou o mercurio ascenso.
Quedei pensando na vida
que me ofrece estes momentos.
Lembro o contacto morno
das mans, dos beizos, dos ollos;
lembro tantos sentimentos
que inda penso que esto é un soño.

Amote.
Mil bicos.

1 Comments:

Enviar um comentário

<< Home