a casa de maripazos

esta é a casa de maripazos. maripazos son eu: unha tola que gosta de rir. se queredes coñecerme, entrade á miña casa

12.12.04

porko's killing

Esta fin de semana estivemos de matanza. Supoño que coma unha grande maioría de galeg@s. E por moito que haxa xente que diga que eso é bastante repugnante, que lle dá grima ver matar o porco, que bla bla bla... para min é unha festa. E é unha das tradicións galegas que máis me gosta. Gústame o vocabulario que se usa durante a matanza, que se usa únicamente durante o acto de facer a matanza; gústame o ambiente de traballo e camaradería que hai durante as tarefas; gústame como en cada recuncho hai unha variante e ningunha matanza é igual a outra. E, por suposto, gústame TODO, absolutamente TODO do porco. Vaia manxar!

Lástima. Logo non poderei queixarme polo colesterol ou o ácido úrico.