unha noite máis
Esta é a última noite desta semana que me toca traballar. Menos mal! Que mal levo o traballar de noite, manterse espertos ata pola mañá, durmir de día e insomnio durante unha semana despois. Pero tamén hai que mirarlle o seu lado positivo, traballar de noites significa máis días libres para poder adicalos a vivir, e significa que se se saben aproveitar ben, dan para moito, porque se pode ler, escribir, estudar, facer exercícios, ver TV, pensar simplemente, moitísimas cousas! Eu tento aproveitalas ao máximo. Anque non podo negar que ás 5 ou 6 da madrugada moitas veces pode máis o sono que as ganas de ler ou ver TV!
Mil bicos a tod@s @s traballador@s da noite.
Mil bicos a tod@s @s traballador@s da noite.


0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home