a casa de maripazos

esta é a casa de maripazos. maripazos son eu: unha tola que gosta de rir. se queredes coñecerme, entrade á miña casa

22.11.04

a triste morte da Benita

Antes de marchar traballar... Veño de enterarme de que esta tarde morreu a Benita. A Benita era unha boa muller, viuva desde había dez anos, que vivía soa na súa casiña. Non tiña fillos. Tiña uns cantos sobriños aos que ela reclamaba que non podía estar soa. A oferta dos seus sobriños era sempre a mesma: colocala nunha residencia de anciáns, á que ela non quería ir. Non quería estar na residencia. Asi que a Benita empezou a ofrecer todo canto tiña (cartos, casa, fincas) a quen quixera coidala. En realidade non era coidala, porque ela valíase soa perfectamente. Era facer compaña. Non atopou ninguén que respondese á sua petición. A semana pasada, o xoves, a Benita ingresou na residencia. E onte morreu. Só tres días despois. Eso sí é morrer de pena.

Benita, mil bicos desde Toutelle.