a casa de maripazos

esta é a casa de maripazos. maripazos son eu: unha tola que gosta de rir. se queredes coñecerme, entrade á miña casa

22.11.04

Esta noite traballo

Hoxe traballo de noite. As noites fánseme eternas traballando, pero aproveitoas para estudar, ler e escribir. Tamén para escribir poesía.
Heiche poñer aquí algún dos meus poemas cando teña un chisco máis de tempo que neste momento. E espero que che gusten.
Comeza a facer moito frío estes días. E apesares da néboa, o sol luce moito a partir das 12 de mediodía. Son os días do ano que máis me gustan: os días de inverno en que fai sol e ves un ceo azul limpo e podes sair á rúa a pasear sen achicharrarte. Só teñen unha pega: a luz dura ben pouco! Logo se fai noite! E toca ir traballar.


Falamos mañá.

Mil bicos.