a casa de maripazos

esta é a casa de maripazos. maripazos son eu: unha tola que gosta de rir. se queredes coñecerme, entrade á miña casa

21.11.04

Bos días!

Saudos noutro fermoso día en Toutelle.
Hoxe descubrín que por moi oculto que se ache o sol, ao final sempre acaba aparecendo. Só hai que esperar, e o mellor para que a espera non se eternice é manterse entretidos. Que facer? O que se che ocurra! O que che goste, o que che permitan, claro.
Eu agora mesmo vou preparar unha crema de verduras, e despois vou ir traballar. Si, nunha tarde de domingo, vou ir traballar e co mellor sorriso, vou tentar que a tarde sexa agradábel para min e para os demáis.
Porqué non o tentas ti tamén? Verás como vés todo un chisco máis fermoso.

Mil bicos.

1 Comments:

Enviar um comentário

<< Home