Eu non uso precisamente unha talla 36. Nin 38. Nin sequera unha talla 40. E, de certo, síntome estafada, ninguneada, insultada, cando quero mercar roupa. Vexo algunha peza de roupa moi fermosa nun escaparate e dígome que me sentaría ben, que me gusta. E cando pregunto pola prenda en cuestión, resulta que non hai máis talla da 42 nos mellores dos casos. Entón eu véxome irremediabelmente obrigada a irme a unha tenda de tallas grandes a buscar algo de roupa que me guste entre o que seguramente lle encantaría á miña nai ou á miña avoa.
E despois verei ao diseñador de turno dicindo cun grande sorriso na televisión que vai loitar contra da anorexia, mentres por tras del se pasea unha maniquí que non debe de pesar máis de 50 kg.
Pero por qué COÑO teño que adelgazar? E se non me da a gana, qué? E se me gusta comer e me sinto ben como estou, qué? Porqué teño que escoller entre comer o que me gusta e vestir o que me gusta? É que unha persoa de 25 anos que pesa 85 kg tén obriga de vestir coma se tivera 60 anos? É asi como queren acabar coa anorexia? Nena, se tés menos de 35 anos, ou adelgazas para poder usar os "modelitos" que creamos para ti, ou busca por ai a ver que atopas entre as roupas da túa nai. E logo eu por pesar máis non podo vestir o mesmo estilo de roupa que as miñas amigas???
Desculpade que me cabree, pero é para cabrear!!!!!
Despois extrañanse de que as rapazas de 14 anos non queiran comer ou gomiten o que comen. E qué han facer as pobres, se non hai roupa que lles sirva!!!